Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023

View through CrossRef
Transcorridos cen anos desde a morte do fundador da Real Academia Galega, a pegada das ideas de Manuel Murguía é aínda visible en como galegas e galegos pensan o país, a identidade galega, en como se pensan a si mesmos. Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega que desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América. A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro. As xornadas coas que a Real Academia Galega quixo conmemorar o centenario do pasamento do que foi o seu primeiro presidente, celebradas o 2, o 9 e o 16 de febreiro de 2023, trataron de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e da súa obra. As nove contribucións recollidas neste volume poñen o foco sobre Murguía e sobre as institucións, a idea de Galicia e a literatura nacional; compleméntanse ofrecendo distintas facetas do pensamento murguián e abren, asemade, camiños aínda por explorar.
Title: Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023
Description:
Transcorridos cen anos desde a morte do fundador da Real Academia Galega, a pegada das ideas de Manuel Murguía é aínda visible en como galegas e galegos pensan o país, a identidade galega, en como se pensan a si mesmos.
Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega que desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América.
A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro.
As xornadas coas que a Real Academia Galega quixo conmemorar o centenario do pasamento do que foi o seu primeiro presidente, celebradas o 2, o 9 e o 16 de febreiro de 2023, trataron de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e da súa obra.
As nove contribucións recollidas neste volume poñen o foco sobre Murguía e sobre as institucións, a idea de Galicia e a literatura nacional; compleméntanse ofrecendo distintas facetas do pensamento murguián e abren, asemade, camiños aínda por explorar.

Related Results

Murguía cen anos despois
Murguía cen anos despois
Transcorridos cen anos desde a morte do fundador da Real Academia Galega, a pegada das ideas de Manuel Murguía é aínda visible en como galegas e galegos pensan o país, a identidade...
Murguía e “a demostración histórica” de Galicia
Murguía e “a demostración histórica” de Galicia
Con ocasión do primeiro centenario do nacemento de Murguía en 1933, a revista NOS adicoulle unhas páxinas especiais e o seu director, Vicente Risco, escribiu un longo ensaio interp...
Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía
Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía
Desde su hallazgo por Manuel Murguía, el Don Gaiferos de Mormaltán es la pieza más popular del repertorio romancístico gallego, a pesar de que los especialistas en literatura de tr...
Rosalía de Castro e Murguía nas relacións transatlánticas
Rosalía de Castro e Murguía nas relacións transatlánticas
O proceso material da produción intelectual de Manuel Murguía crúzase de múltiples maneiras co da obra de Rosalía de Castro. O obxectivo deste artigo é mostrar como o traballo de a...
Manuel de Solà-Morales, escritura y pensamiento
Manuel de Solà-Morales, escritura y pensamiento
(English) The written work of Manuel de Solà-Morales deserves a central place in his intellectual biography, along with the pedagogical experience and the urban projects he develop...
Manuel Murguía e a literatura popular
Manuel Murguía e a literatura popular
Neste artigo abórdase a contribución de Manuel Murguía ao coñecemento e estudo da literatura popular galega, nomeadamente da poesía popular. Con este obxectivo, levarase a cabo un ...
A bandeira galega, a bandeira de Manuel Murguía e Rosalía de Castro
A bandeira galega, a bandeira de Manuel Murguía e Rosalía de Castro
A bandeira galega, tal como hoxe a coñecemos, foi deseñada por Manuel Murguía en 1891, hai agora cento trinta e dous anos. Sinalamos tamén que a bandeira se viu por vez primeira ne...
As orixes do nacionalismo galego no século XIX: o mito céltico en Murguía
As orixes do nacionalismo galego no século XIX: o mito céltico en Murguía
O celta apoderouse de Galicia como verdadeiro vencedor. Isto é: por enteiro e para sempre... de tal xeito encheu o noso chan, que semella que todo o actual ten a súa orixe e raíz n...

Back to Top