Javascript must be enabled to continue!
O grupo lácteo cooperativo
View through CrossRef
Nesta entrevista Antón Fernández Oca reflexiona sobre o fracaso do proxecto do Grupo Lácteo Galego e que acabara por ser sacrificado un proxecto fundamental de desenvolvemento social e agro-industrial propio. As responsabilidades deste fracaso van dirixidas en primeiro lugar a quen tiña a responsabilidade de traza-los modelos de desenvolvemento do sector agro-industrial, manifestamente á Administración Pública Autonómica, que actuou máis ben movida pola súa pouca sensibilidade cooperativa e estivo moito máis influenciada polas empresas e intereses capitalistas.Tamén tivo responsabilidade o movemento cooperativo, que en nome da eficiencia, da rapidez de decisión e da maior facilidade de aportación de capitais e financiamento, optou nos dez últimos anos por un “mix” cooperativo-capitalista que tivo por resultado a infravaloración da participación, a subvaloración dos valores cooperativos nos socios, técnicos, directivos e compromisarios e a subordinación do cooperativismo ós criterios directivos das sociedades mercantís.En segundo lugar está a responsabilidade da Administración Pública, que dende 1982 optou por desmantelar o crédito cooperativo (en Galicia especialmente) mentres destinaba recursos fabulosos á reestructuración e superación da crise da banca capitalista.En terceiro lugar unha banca galega que tivo unha participación decisiva no estrangulamento financeiro do grupo lácteo, acaso en connivencia cunha Administración Autonómica que se serveu do crédito público para estrulla-lo grupo lácteo galego cooperativo e actuar así como un quebranoces con tres pancas: o crédito oficial, o crédito privado e certos intereses capitalistas privados. Estas tres instancias “parecían entenderse demasiado ben entre elas” e pretenderon impoñer unha solución que lles conviña máis a eles, pero que non era tolerable pola base social cooperativa agroindustrial.Pero tamén debemos destacar o comportamento do movemento cooperativo, demasiado autosatisfeito, demasiado presto a distanciarse dos seus valores, da súa identidade, da súa base social e demasiado atraído por un estilo de empresarialismo capitalista no canto de confrontar con máis realismo os seus retos.
Title: O grupo lácteo cooperativo
Description:
Nesta entrevista Antón Fernández Oca reflexiona sobre o fracaso do proxecto do Grupo Lácteo Galego e que acabara por ser sacrificado un proxecto fundamental de desenvolvemento social e agro-industrial propio.
As responsabilidades deste fracaso van dirixidas en primeiro lugar a quen tiña a responsabilidade de traza-los modelos de desenvolvemento do sector agro-industrial, manifestamente á Administración Pública Autonómica, que actuou máis ben movida pola súa pouca sensibilidade cooperativa e estivo moito máis influenciada polas empresas e intereses capitalistas.
Tamén tivo responsabilidade o movemento cooperativo, que en nome da eficiencia, da rapidez de decisión e da maior facilidade de aportación de capitais e financiamento, optou nos dez últimos anos por un “mix” cooperativo-capitalista que tivo por resultado a infravaloración da participación, a subvaloración dos valores cooperativos nos socios, técnicos, directivos e compromisarios e a subordinación do cooperativismo ós criterios directivos das sociedades mercantís.
En segundo lugar está a responsabilidade da Administración Pública, que dende 1982 optou por desmantelar o crédito cooperativo (en Galicia especialmente) mentres destinaba recursos fabulosos á reestructuración e superación da crise da banca capitalista.
En terceiro lugar unha banca galega que tivo unha participación decisiva no estrangulamento financeiro do grupo lácteo, acaso en connivencia cunha Administración Autonómica que se serveu do crédito público para estrulla-lo grupo lácteo galego cooperativo e actuar así como un quebranoces con tres pancas: o crédito oficial, o crédito privado e certos intereses capitalistas privados.
Estas tres instancias “parecían entenderse demasiado ben entre elas” e pretenderon impoñer unha solución que lles conviña máis a eles, pero que non era tolerable pola base social cooperativa agroindustrial.
Pero tamén debemos destacar o comportamento do movemento cooperativo, demasiado autosatisfeito, demasiado presto a distanciarse dos seus valores, da súa identidade, da súa base social e demasiado atraído por un estilo de empresarialismo capitalista no canto de confrontar con máis realismo os seus retos.
Related Results
SEMANA DE ENFERMAGEM E SEUS ASPECTOS SOCIAIS NA VALORIZAÇÃO PROFISSIONAL: UM RELATO DE EXPERIÊNCIA DO GRUPO PET-ENFERMAGEM
SEMANA DE ENFERMAGEM E SEUS ASPECTOS SOCIAIS NA VALORIZAÇÃO PROFISSIONAL: UM RELATO DE EXPERIÊNCIA DO GRUPO PET-ENFERMAGEM
A enfermagem é o pilar da assistência pois está na linha de frente do cuidado holístico, todavia esta é estigmatizada e desvalorizada, assim como não possui reconhecimento consider...
Production of the dairy sector of the Province of Tungurahua-Ecuador
Production of the dairy sector of the Province of Tungurahua-Ecuador
Introducción
En Ecuador, el Sector Lácteo es considerado como un sector de importancia en la economía del país, debido a la generación de empleo y sostenibilidad de las familias re...
Memorias de la Jornada de Investigación en Derecho y Ciencias Forenses
Memorias de la Jornada de Investigación en Derecho y Ciencias Forenses
Aplicación de la licencia de luto, según la Ley 1280 de 2009 en el Ordenamiento Jurídico Colombiano de Cara a las Relaciones Individuales de Trabajo
Luisa Fernanda Tr...
Modelo de co-creación en mypimes: estudio de caso en el sector lácteo de Bogotá, Colombia
Modelo de co-creación en mypimes: estudio de caso en el sector lácteo de Bogotá, Colombia
Las micro y pequeñas empresas en Colombia requieren fortalecer sus ventajas competitivas, sostenibles y sustentables para responder, adaptarse y sostenerse en el mercado; deben con...
Identificación de pérdidas y desperdicios en el sector lácteo de la provincia de Cotopaxi
Identificación de pérdidas y desperdicios en el sector lácteo de la provincia de Cotopaxi
El trabajo de investigación ofrece una visión general del sector lácteo en Ecuador, la producción nacional de leche en el Ecuador ronda los 5,5 millones de litros diarios, aportand...
APRENDIZAJE COOPERATIVO EN LA RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS: UNA REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
APRENDIZAJE COOPERATIVO EN LA RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS: UNA REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
La resolución de problemas matemáticos es el camino que permite a los educandos el desarrollo del pensamiento crítico y lógico. Atendiendo a esta premisa, el aprendizaje cooperativ...
Análisis de los Componentes del Circuito Lácteo Venezolano
Análisis de los Componentes del Circuito Lácteo Venezolano
El circuito lácteo venezolano está constituido por cuatro eslabones principales: producción primaria, procesamiento, comercialización y consumo, que estudiados conjuntamente, permi...
Experiencias empresariales del sector lácteo de la provincia de Pamplona: una mirada desde la pospandemia
Experiencias empresariales del sector lácteo de la provincia de Pamplona: una mirada desde la pospandemia
Los cambios que enfrentan actualmente las organizaciones a nivel mundial producto de los diferentes paradigmas del entorno conducen a reflexionar sobre la dinámica de las empresas ...

