Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Os cantos eran da Patria (120 poemas)

View through CrossRef
A presente antoloxía foi elaborada coa pretensión de reunir nun volume os textos poéticos máis significativos e/ou representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica. Para isto, optamos por unha agrupación temática superadora dunha pigra división entre poemas en libro e poemas publicados noutros formatos (fundamentalmente xornais e revistas), ou de poesía édita e poesía procedente de textos manuscritos, ou, en fin, dunha difícil ordenación cronolóxica imposíbel de determinar en moitos dos textos pondalianos. Deste xeito, balizada polo marco textual dos Queixumes, a escolma foi construída como unha serie estruturada de cinco núcleos temáticos, que presentan, por súa vez, unha consciente ordenación textual interna, á procura dunha lectura seriada dos poemas seleccionados. O primeiro bloque da antoloxía está formado polos textos de fondo autobiográfico, lato sensu. A segunda parte está constituída polos poemas que mostran máis directamente o cerne do pensamento pondaliano. A sección terceira da escolma está dedicada aos poemas “históricos”. O seguinte grupo poemático reúne composicións pondalianas directamente anticastelás, en enérxica e ousada defensa da Galiza e das xentes que nela habitan. Os pátridos acentos presenta cinco poemas dedicados á lingua galega, certamente significativos nun contexto de renacemento e de loita contra a desaparición da identidade galega e a extinción nacional. A sección Do Oceano os campos espaciosos, derradeira, recolle o canto XIII d’Os Eoas, precedido de tres textos líricos en que o poeta se refire directamente á elaboración dun poema épico que, tal como aconteceu con Os Lusíadas na literatura portuguesa, ideaba como alicerce da literatura galega renacente.
Title: Os cantos eran da Patria (120 poemas)
Description:
A presente antoloxía foi elaborada coa pretensión de reunir nun volume os textos poéticos máis significativos e/ou representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica.
Para isto, optamos por unha agrupación temática superadora dunha pigra división entre poemas en libro e poemas publicados noutros formatos (fundamentalmente xornais e revistas), ou de poesía édita e poesía procedente de textos manuscritos, ou, en fin, dunha difícil ordenación cronolóxica imposíbel de determinar en moitos dos textos pondalianos.
Deste xeito, balizada polo marco textual dos Queixumes, a escolma foi construída como unha serie estruturada de cinco núcleos temáticos, que presentan, por súa vez, unha consciente ordenación textual interna, á procura dunha lectura seriada dos poemas seleccionados.
O primeiro bloque da antoloxía está formado polos textos de fondo autobiográfico, lato sensu.
A segunda parte está constituída polos poemas que mostran máis directamente o cerne do pensamento pondaliano.
A sección terceira da escolma está dedicada aos poemas “históricos”.
O seguinte grupo poemático reúne composicións pondalianas directamente anticastelás, en enérxica e ousada defensa da Galiza e das xentes que nela habitan.
Os pátridos acentos presenta cinco poemas dedicados á lingua galega, certamente significativos nun contexto de renacemento e de loita contra a desaparición da identidade galega e a extinción nacional.
A sección Do Oceano os campos espaciosos, derradeira, recolle o canto XIII d’Os Eoas, precedido de tres textos líricos en que o poeta se refire directamente á elaboración dun poema épico que, tal como aconteceu con Os Lusíadas na literatura portuguesa, ideaba como alicerce da literatura galega renacente.

Related Results

Canto 61
Canto 61
Canto 61 brings the Chinese History Cantos to an appropriate culmination, an ideogrammatic representation of the peaceful and prosperous reign of the Manchu emperor, Yong Tching (1...
Evolution of Epilepsy with Rolandic Paroxysmal Foci: A Study of 324 Cases
Evolution of Epilepsy with Rolandic Paroxysmal Foci: A Study of 324 Cases
SummaryThe evolution of 324 cases exhibiting the electroclinical features of benign epilepsy of children with interictal rolandic paroxysmal foci (rolandic paroxysmal epilepsy or R...
Cantos a la Ama Toa
Cantos a la Ama Toa
Cantos a la Ama Toa (Madre Tierra) es un libro multidimensional. Nos invita a conectarnos con el poder sensible y emotivo de la naturaleza a través de los poemas del autor y nos re...
Analisa Sistem Informasi Suber Daya Manusia COBIT 4.1 Pada Perguruan tinggi(Studi Kasus STMIK Bina Patria)
Analisa Sistem Informasi Suber Daya Manusia COBIT 4.1 Pada Perguruan tinggi(Studi Kasus STMIK Bina Patria)
Abstrak-STMIK Bina Patria merupakan perguruan tinggi swasta yang bergerak di bidang Teknologi informatika dan komputer di magelang. Dalam upaya peningkatkan kinerja para pegawai,b...
Entrevista com Marcos Caroli Rezende: Tradutor de cantos em náhuatl para o português
Entrevista com Marcos Caroli Rezende: Tradutor de cantos em náhuatl para o português
Marcos Caroli Rezende é químico, professor e pesquisador da Universidad de Santiago de Chile, e tradutor para o português brasileiro de dois manuscritos em náhuatl clássico confecc...
A transitividade de textualidades Mbyá-Guarani em Douglas Diegues e Josely Vianna Baptista
A transitividade de textualidades Mbyá-Guarani em Douglas Diegues e Josely Vianna Baptista
O estudo se debruça sobre trabalhos que exploram de forma tradutória e poética “textualidades Mbyá-Guarani”: o livro Roça Barroca (2012) e o videopoema Nada está fora do lugar (201...
Pensando em poesia: uma análise das visões de poesia da antologia Poesia faz pensar
Pensando em poesia: uma análise das visões de poesia da antologia Poesia faz pensar
Este artigo tem como objetivo analisar as concepções de poesia existentes na obra Poesia faz pensar (2011), organizada pelo crítico literário, poeta e autor de obras de ficção juve...
La poesía esencial de César Vallejo
La poesía esencial de César Vallejo
Los temas sobre la poesía de César Vallejo son inagotables y es así que en este artículo se trata de relacionar su poética con las experiencias vitales del autor, sobre todo en Los...

Back to Top