Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Intelixencia xeoespacial para a xestión forestal sostible: minifundio e funcionalidade

View through CrossRef
As ferramentas xeoespaciais baseadas na teledetección (activa e pasiva) e na propia análise espacial proporcionan solucións que axudan á toma de decisións e á creación de novos xeitos de desenvolver a xestión forestal sustentable: mellora na toma de decisións, mellora nos procesos de traballo e mellora na comunicación cos xestores e propietarios. As bases de datos de inventarios forestais baséanse principalmente en límites derivados da interpretación manual de fotografías ou da información recollida en campo. As delimitacións das mouteiras son representacións vectoriais de atributos forestais (especie, composición, alturas, fracción de cabida cuberta…). Os datos dixitais da detección remota pódense empregar para actualizar ou aportar nova información a estas bases de datos e así aumentar a calidade, a cantidade e a frecuencia da información o cal repercute nunha mellora na xestión forestal sostible. A xestión forestal en territorios con múltiples propietarios e con diversidade de coberturas resulta máis complexa que en lugares onde existe máis continuidade e homoxeneidade espacial (de propiedade, de composición e de cobertura). O recoñecemento e captura de información a partir de datos xeoespaciais complícase a medida que as mouteiras e parcelas forestais son máis pequenas debido ao efecto borde, efecto que distorsiona a información típico en territorios de minifundio e en paisaxes en mosaico con superficies pequenas e alta variabilidade de coberturas. O aumento da dispoñibilidade da alta resolución espacial e espectral, así como o incremento e abaratamento de novas plataformas de transporte de sensores (como os UAV) proporcionan melloras na discriminación da cobertura forestal e dos atributos fisiolóxicos superando nalgúns casos a limitación derivada do tamaño da propiedade forestal ou da mouteira. A medida que aumenta a resolución e a dispoñibilidade de información de detección remota de múltiples fontes tamén o fai a capacidade para que a información extraída poida aplicarse con máis fiabilidade ás pequenas parcelas forestais. A posta en marcha de técnicas baseadas na información xeoespacial para o estudo das masas forestais brinda oportunidades de moitísimo interese para o sector forestal galego que se poden resumir principalmente nunha mellora nos procedementos e nas estimacións das existencias, así como a adquisición de atributos que redundan nun mellor seguimento da certificación forestal e da xestión sostible. Crear metodoloxías e ver a súa adecuación sobre as masas e ás particularidades das diferentes parcelas forestais, baseándonos en datos reais e a súa combinación con este tipo de técnicas para contrastar posteriormente os seus resultados pode axudar a superar o grao de incertidume que existe en algunha da información forestal existente na actualidade. Se ben existen variables que se poden obter directamente dos datos procedentes da teledetección, existen outras que terán que ser capturadas directamente en campo e relacionalas coas variables obtidas dos sensores empregando para isto modelos predictivos de regresión e de clasificación. Para conseguir isto será necesario establecer procesos de inventariación (mostras de campo) para posteriormente realizar relacións das variables obtidas coas variables independentes (obtidas dos sensores). Para isto, empregaranse metodoloxías baseadas no aprendizaxe automático que nos permitirán establecer modelos que relacionen características procedentes da teledetección e das variables obxectivo (detección de patróns) que vaian mellorando a medida que se introducen novos datos.
University of Vigo
Title: Intelixencia xeoespacial para a xestión forestal sostible: minifundio e funcionalidade
Description:
As ferramentas xeoespaciais baseadas na teledetección (activa e pasiva) e na propia análise espacial proporcionan solucións que axudan á toma de decisións e á creación de novos xeitos de desenvolver a xestión forestal sustentable: mellora na toma de decisións, mellora nos procesos de traballo e mellora na comunicación cos xestores e propietarios.
As bases de datos de inventarios forestais baséanse principalmente en límites derivados da interpretación manual de fotografías ou da información recollida en campo.
As delimitacións das mouteiras son representacións vectoriais de atributos forestais (especie, composición, alturas, fracción de cabida cuberta…).
Os datos dixitais da detección remota pódense empregar para actualizar ou aportar nova información a estas bases de datos e así aumentar a calidade, a cantidade e a frecuencia da información o cal repercute nunha mellora na xestión forestal sostible.
A xestión forestal en territorios con múltiples propietarios e con diversidade de coberturas resulta máis complexa que en lugares onde existe máis continuidade e homoxeneidade espacial (de propiedade, de composición e de cobertura).
O recoñecemento e captura de información a partir de datos xeoespaciais complícase a medida que as mouteiras e parcelas forestais son máis pequenas debido ao efecto borde, efecto que distorsiona a información típico en territorios de minifundio e en paisaxes en mosaico con superficies pequenas e alta variabilidade de coberturas.
O aumento da dispoñibilidade da alta resolución espacial e espectral, así como o incremento e abaratamento de novas plataformas de transporte de sensores (como os UAV) proporcionan melloras na discriminación da cobertura forestal e dos atributos fisiolóxicos superando nalgúns casos a limitación derivada do tamaño da propiedade forestal ou da mouteira.
A medida que aumenta a resolución e a dispoñibilidade de información de detección remota de múltiples fontes tamén o fai a capacidade para que a información extraída poida aplicarse con máis fiabilidade ás pequenas parcelas forestais.
A posta en marcha de técnicas baseadas na información xeoespacial para o estudo das masas forestais brinda oportunidades de moitísimo interese para o sector forestal galego que se poden resumir principalmente nunha mellora nos procedementos e nas estimacións das existencias, así como a adquisición de atributos que redundan nun mellor seguimento da certificación forestal e da xestión sostible.
Crear metodoloxías e ver a súa adecuación sobre as masas e ás particularidades das diferentes parcelas forestais, baseándonos en datos reais e a súa combinación con este tipo de técnicas para contrastar posteriormente os seus resultados pode axudar a superar o grao de incertidume que existe en algunha da información forestal existente na actualidade.
Se ben existen variables que se poden obter directamente dos datos procedentes da teledetección, existen outras que terán que ser capturadas directamente en campo e relacionalas coas variables obtidas dos sensores empregando para isto modelos predictivos de regresión e de clasificación.
Para conseguir isto será necesario establecer procesos de inventariación (mostras de campo) para posteriormente realizar relacións das variables obtidas coas variables independentes (obtidas dos sensores).
Para isto, empregaranse metodoloxías baseadas no aprendizaxe automático que nos permitirán establecer modelos que relacionen características procedentes da teledetección e das variables obxectivo (detección de patróns) que vaian mellorando a medida que se introducen novos datos.

Related Results

PREVENÇÃO DA TROMBOSE VENOSA PROFUNDA NA GRAVIDEZ PELA ENFERMAGEM NA APS
PREVENÇÃO DA TROMBOSE VENOSA PROFUNDA NA GRAVIDEZ PELA ENFERMAGEM NA APS
PREVENÇÃO DA TROMBOSE VENOSA PROFUNDA NA GRAVIDEZ PELA ENFERMAGEM NA APS Danilo Hudson Vieira de Souza1 Priscilla Bárbara Campos Daniel dos Santos Fernandes RESUMO A gravidez ...
Impacto de la ingeniería forestal en el manejo de los recursos naturales en Mesoamérica
Impacto de la ingeniería forestal en el manejo de los recursos naturales en Mesoamérica
Los bosques tropicales son ecosistemas que brindan a las personas una serie de servicios como agua, biodiversidad, madera, absorción de dióxido de carbono, productos no maderables,...
Metamorfosis de la política forestal mexicana contemporánea y su impacto en el sector forestal
Metamorfosis de la política forestal mexicana contemporánea y su impacto en el sector forestal
México es una nación dotada de un rico y diversificado recurso forestal. Este capital natural fue severamente explotado por largo tiempo. En 1926, se decretó la primera ley foresta...
TRIZ aplicado á xestión de espazos protexidos e da biodiversidade
TRIZ aplicado á xestión de espazos protexidos e da biodiversidade
TRIZ, acrónimo ruso da Teoría para a Resolución de Problemas de Inventiva, constitúe un conxunto de ferramentas orientadas cara á innovación sistemática, isto é, a xeración de idea...
OS SERVIDORES PÚBLICOS MUNICIPAIS
OS SERVIDORES PÚBLICOS MUNICIPAIS
I. Organização do funcionalismo municipal1. A Autonomia dos Municípios e a organização de seu funcionalismo — A Constituição Federal assegura, aos Municípios, a autonomia de autogo...
New records of red brocket deer (Mazama temama) in cloud forests in northeastern Hidalgo, México
New records of red brocket deer (Mazama temama) in cloud forests in northeastern Hidalgo, México
El venado temazate (Mazama temama) es una de las especies de cérvidos menos estudiados en América Latina.  En México, se tiene poca información de esta especie en regiones montaños...
Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia
Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia
A titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nasprimeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de ...
Memorias de la Jornada de Investigación en Derecho y Ciencias Forenses
Memorias de la Jornada de Investigación en Derecho y Ciencias Forenses
Aplicación de la licencia de luto, según la Ley 1280 de 2009 en el Ordenamiento Jurídico Colombiano de Cara a las Relaciones Individuales de Trabajo   Luisa Fernanda Tr...

Back to Top