Javascript must be enabled to continue!
TRIZ aplicado á xestión de espazos protexidos e da biodiversidade
View through CrossRef
TRIZ, acrónimo ruso da Teoría para a Resolución de Problemas de Inventiva, constitúe un conxunto de ferramentas orientadas cara á innovación sistemática, isto é, a xeración de ideas innovadoras seguindo un método estruturado que supere a pauta ensaio-erro. TRIZ está solidamente implantado en diferentes
ámbitos da xestión empresarial. Algúns dos seus piares son os 40 principios de inventiva, nos que, segundo a teoría, se fundamentan todas as invencións, a noción de contradición, o resultado final ideal (RFI) ou a proposta dun conxunto de leis de evolución dos sistemas.
Nesta tese analízase a aplicabilidade de TRIZ nun ámbito novo: a xestión de espazos protexidos e a protección da biodiversidade. O obxectivo principal consistiu en desenvolver un marco teórico que facilite esta utilización. Para isto, mediante unha análise bibliográfica e a visita a distintos espazos protexidos,
identificáronse e escolmáronse os xeitos nos que os 40 principios de inventiva tamén se empregan neste campo. Desta maneira, preténdese facilitar a súa aplicación de forma sistemática para a xeración de ideas creativas que dean solucións ás diferentes necesidades que poden xurdir no marco da xestión de espazos protexidos e da biodiversidade ou na xestión ambiental en xeral.
Finalmente, a investigación propón unha metodoloxía que permite facilitar a identificación dos principios con maior interese potencial en función do beneficio ambiental que se estea buscando e aporta unha guía resumida de utilización de TRIZ con esta intención (en galego, castelán e inglés).
Deste traballo conclúese a validez de TRIZ neste novo campo de traballo e, así mesmo, o interese potencial que outras ferramentas pouco ou nada exploradas neste ámbito posúen tamén para a xestión dos espazos protexidos e da biodiversidade.
Title: TRIZ aplicado á xestión de espazos protexidos e da biodiversidade
Description:
TRIZ, acrónimo ruso da Teoría para a Resolución de Problemas de Inventiva, constitúe un conxunto de ferramentas orientadas cara á innovación sistemática, isto é, a xeración de ideas innovadoras seguindo un método estruturado que supere a pauta ensaio-erro.
TRIZ está solidamente implantado en diferentes
ámbitos da xestión empresarial.
Algúns dos seus piares son os 40 principios de inventiva, nos que, segundo a teoría, se fundamentan todas as invencións, a noción de contradición, o resultado final ideal (RFI) ou a proposta dun conxunto de leis de evolución dos sistemas.
Nesta tese analízase a aplicabilidade de TRIZ nun ámbito novo: a xestión de espazos protexidos e a protección da biodiversidade.
O obxectivo principal consistiu en desenvolver un marco teórico que facilite esta utilización.
Para isto, mediante unha análise bibliográfica e a visita a distintos espazos protexidos,
identificáronse e escolmáronse os xeitos nos que os 40 principios de inventiva tamén se empregan neste campo.
Desta maneira, preténdese facilitar a súa aplicación de forma sistemática para a xeración de ideas creativas que dean solucións ás diferentes necesidades que poden xurdir no marco da xestión de espazos protexidos e da biodiversidade ou na xestión ambiental en xeral.
Finalmente, a investigación propón unha metodoloxía que permite facilitar a identificación dos principios con maior interese potencial en función do beneficio ambiental que se estea buscando e aporta unha guía resumida de utilización de TRIZ con esta intención (en galego, castelán e inglés).
Deste traballo conclúese a validez de TRIZ neste novo campo de traballo e, así mesmo, o interese potencial que outras ferramentas pouco ou nada exploradas neste ámbito posúen tamén para a xestión dos espazos protexidos e da biodiversidade.
Related Results
Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia
Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia
A titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nasprimeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de ...
Exploring the effectiveness of inventive principles of TRIZ on developing researchers' innovative capabilities
Exploring the effectiveness of inventive principles of TRIZ on developing researchers' innovative capabilities
PurposeThe purpose of this paper is to explore the efficacy of 40 inventive principles of TRIZ for developing researchers' innovative capabilities and to evaluate the extent of app...
Pengendalian Kualitas Produk Air Minum Dalam Kemasan dengan Menggunakan Metode Teoriya Resheniya Izobreatatelskikh Zadatch (TRIZ)
Pengendalian Kualitas Produk Air Minum Dalam Kemasan dengan Menggunakan Metode Teoriya Resheniya Izobreatatelskikh Zadatch (TRIZ)
Abstract. PT Muawanah Al Ma’soem faces a high defect rate in its 600 ml bottled drinking water (AMDK) products, with common issues including dented bottles, leaking bottles, and br...
Estratégias Inovadoras Para A Conservação Da Biodiversidade: Integração De Tecnologias E Práticas Tradicionais Para A Proteção De Ecossistemas
Estratégias Inovadoras Para A Conservação Da Biodiversidade: Integração De Tecnologias E Práticas Tradicionais Para A Proteção De Ecossistemas
A conservação da biodiversidade tem se tornado uma das questões mais urgentes no contexto das mudanças
ambientais globais e das ameaças à sustentabilidade dos ecossistemas. A biodi...
THE IMPACT OF A TRIZ PROGRAM ON SIXTH GRADE STUDENTS’ CREATIVITY AND PSYCHOLOGICAL VARIABLES
THE IMPACT OF A TRIZ PROGRAM ON SIXTH GRADE STUDENTS’ CREATIVITY AND PSYCHOLOGICAL VARIABLES
The present paper examines the impact of a TRIZ educational program on students’ creativity in mathematical problem solving and on psychological variables, namely general self-effi...
TRIZ-guided discovery of interdisciplinary innovation patterns via AI-enabled literature mining
TRIZ-guided discovery of interdisciplinary innovation patterns via AI-enabled literature mining
Identification de schémas d’innovation : une nouvelle méthode d’exploration documentaire interdisciplinaire fondée sur TRIZ et alimentée par l’intelligence artificielle
...
Revista Fitos: a biodiversidade e a saúde na ciência aberta
Revista Fitos: a biodiversidade e a saúde na ciência aberta
No editorial do primeiro número da Revista Fitos (2023), como de costume, apresenta-se as prioridades e ações a serem desenvolvidas no decorrer do ano, fruto da avaliação do trabal...
Levantamento dos gastos em biodiversidade no estado de Pernambuco - Brasil
Levantamento dos gastos em biodiversidade no estado de Pernambuco - Brasil
A Iniciativa Finanças pela Biodiversidade (BIOFIN) do Programa das Nações Unidas para o Desenvolvimento (PNUD) auxilia os governos no aprimoramento das políticas de conservação da ...

