Javascript must be enabled to continue!
Os cantos eran da Patria (120 poemas)
View through CrossRef
A presente antoloxía foi elaborada coa pretensión de reunir nun volume os textos poéticos máis significativos e/ou representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica. Para isto, optamos por unha agrupación temática superadora dunha pigra división entre poemas en libro e poemas publicados noutros formatos (fundamentalmente xornais e revistas), ou de poesía édita e poesía procedente de textos manuscritos, ou, en fin, dunha difícil ordenación cronolóxica imposíbel de determinar en moitos dos textos pondalianos.
Deste xeito, balizada polo marco textual dos Queixumes, a escolma foi construída como unha serie estruturada de cinco núcleos temáticos, que presentan, por súa vez, unha consciente ordenación textual interna, á procura dunha lectura seriada dos poemas seleccionados.
O primeiro bloque da antoloxía está formado polos textos de fondo autobiográfico, lato sensu. A segunda parte está constituída polos poemas que mostran máis directamente o cerne do pensamento pondaliano. A sección terceira da escolma está dedicada aos poemas “históricos”. O seguinte grupo poemático reúne composicións pondalianas directamente anticastelás, en enérxica e ousada defensa da Galiza e das xentes que nela habitan. Os pátridos acentos presenta cinco poemas dedicados á lingua galega, certamente significativos nun contexto de renacemento e de loita contra a desaparición da identidade galega e a extinción nacional. A sección Do Oceano os campos espaciosos, derradeira, recolle o canto XIII d’Os Eoas, precedido de tres textos líricos en que o poeta se refire directamente á elaboración dun poema épico que, tal como aconteceu con Os Lusíadas na literatura portuguesa, ideaba como alicerce da literatura galega renacente.
Title: Os cantos eran da Patria (120 poemas)
Description:
A presente antoloxía foi elaborada coa pretensión de reunir nun volume os textos poéticos máis significativos e/ou representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica.
Para isto, optamos por unha agrupación temática superadora dunha pigra división entre poemas en libro e poemas publicados noutros formatos (fundamentalmente xornais e revistas), ou de poesía édita e poesía procedente de textos manuscritos, ou, en fin, dunha difícil ordenación cronolóxica imposíbel de determinar en moitos dos textos pondalianos.
Deste xeito, balizada polo marco textual dos Queixumes, a escolma foi construída como unha serie estruturada de cinco núcleos temáticos, que presentan, por súa vez, unha consciente ordenación textual interna, á procura dunha lectura seriada dos poemas seleccionados.
O primeiro bloque da antoloxía está formado polos textos de fondo autobiográfico, lato sensu.
A segunda parte está constituída polos poemas que mostran máis directamente o cerne do pensamento pondaliano.
A sección terceira da escolma está dedicada aos poemas “históricos”.
O seguinte grupo poemático reúne composicións pondalianas directamente anticastelás, en enérxica e ousada defensa da Galiza e das xentes que nela habitan.
Os pátridos acentos presenta cinco poemas dedicados á lingua galega, certamente significativos nun contexto de renacemento e de loita contra a desaparición da identidade galega e a extinción nacional.
A sección Do Oceano os campos espaciosos, derradeira, recolle o canto XIII d’Os Eoas, precedido de tres textos líricos en que o poeta se refire directamente á elaboración dun poema épico que, tal como aconteceu con Os Lusíadas na literatura portuguesa, ideaba como alicerce da literatura galega renacente.
Related Results
Cantos de pátio Timbira
Cantos de pátio Timbira
O artigo resulta de uma pesquisa etnográfica realizada entre os povos Timbira, tratando de categorias de cantos tal como classificados por esses povos. Apresentaremos aqui as forma...
Digitalization of SMEs toward an inclusive and sustainable social development
Digitalization of SMEs toward an inclusive and sustainable social development
<p class="MsoNormal" style="text-align: justify; text-justify: inter-ideograph; line-height: 120%; layout-grid-mode: char; mso-layout-grid-align: none; margin: 12.0pt 0cm 6.0pt ...
OLIVEIRA, Rayssa. Espaços afetivos: habitar a escola. São Paulo: Ed. do Autor, 2021. 143 p
OLIVEIRA, Rayssa. Espaços afetivos: habitar a escola. São Paulo: Ed. do Autor, 2021. 143 p
O livro Espaços afetivos: habitar a escola é fruto de pesquisa de Rayssa Oliveira, realizada em 2014. A autora é graduada em Arquitetura pela Faculdade de Arquitetura e Urbanismo d...
Erenkon, a literatura e os haicais
Erenkon, a literatura e os haicais
Este estudo, primeiramente, apresenta os erenkon, cantos dos índios macuxi e taurepang, de Roraima, Brasil, cantados por Manaaka e Yauyo, Terêncio Luiz Silva e Zenita de Lima, resp...
ÍCAROS DE LA FIESTA DEL PIJUAYO (UWI)
ÍCAROS DE LA FIESTA DEL PIJUAYO (UWI)
Para la celebración de la fiesta de pijuayo (uwi), los wampís ancestrales se ayudaban con sus cantos mágicos. Los cantos mágicos denominados (ícaros) eran parte de la fiesta para q...
Antologia de poemas
Antologia de poemas
Nesta edição da revista Opiniães, “Vozearia, literatura brasileira feminina em coro”, nós, da equipe editorial, achamos significativo apresentar os poemas num único arquivo, p...
Carolina Maria de Jesus: três poemas versados
Carolina Maria de Jesus: três poemas versados
O presente artigo apresenta a versão comentada de três poemas de Carolina Maria de Jesus para a língua inglesa. Após uma breve biografia da autora, é apresentada a coletânea Antolo...

