Javascript must be enabled to continue!
Utopía e ucronía: a Galcia triunfante en Nordeste (2016) de Daniel Asorey
View through CrossRef
Miguel-Anxo Murado no ensaio Outra idea de Galicia (2016) contesta o mito de terra sen historia utilizado para explicar o apagamento da importancia da historia da Galicia na Europa. Murado atribúe o problema aos historiadores e ás prioridades destes que ao escribiren a historia da España relegan a maioría dos episodios galegos ao esquecemento. En consonancia con esta análise e bebendo da fonte das teses de Walter Benjamin (1996), a novela Nordeste (2016) de Daniel Asorey utiliza a utopía e a ucronía para promocionar unha reparación histórica á terra galega. Nesta novela, o autor escoba a historia a contrapelo e, tamén, cambia a traxectoria histórica de Galicia ao crear un enredo ficcional que pretende responder á indagación: “Que tería pasado con Galicia se os galegos tivesen gañado a Guerra Irmandiña?”. Murado, en seu ensaio, chega á conclusión de que historia e poder son sinónimos e ese poder é restituído por Daniel Asorey ao imaxinar unha Galicia utópica, colonizadora e imperialista, detentora de colonias en Brasil. Nordeste é unha obra que pretende restituír a voz silenciada dos subalternos e submisos, os perdedores nas narrativas históricas, segundo o pensamento benxaminiano. Este libro manipula a historia e o tempo a través da conexión de catro personaxes femininas: Maria Bonita, a raíña do movemento do cangaço brasileiro; Carme de Candigas, unha personaxe ficticia e Matilda, a galega inmigrada en São Paulo, personaxe inspirada na fotógrafa americana, Mathilda Anderson. A cuarta muller é a representación feminina de Galicia, pilar da réplica imperialista e misóxina ás tentativas nacionalistas das nacións celtoatlánticas adormecidas e asoballadas polo imperialismo e centralismo británico e español.
Universidad Complutense de Madrid (UCM)
Title: Utopía e ucronía: a Galcia triunfante en Nordeste (2016) de Daniel Asorey
Description:
Miguel-Anxo Murado no ensaio Outra idea de Galicia (2016) contesta o mito de terra sen historia utilizado para explicar o apagamento da importancia da historia da Galicia na Europa.
Murado atribúe o problema aos historiadores e ás prioridades destes que ao escribiren a historia da España relegan a maioría dos episodios galegos ao esquecemento.
En consonancia con esta análise e bebendo da fonte das teses de Walter Benjamin (1996), a novela Nordeste (2016) de Daniel Asorey utiliza a utopía e a ucronía para promocionar unha reparación histórica á terra galega.
Nesta novela, o autor escoba a historia a contrapelo e, tamén, cambia a traxectoria histórica de Galicia ao crear un enredo ficcional que pretende responder á indagación: “Que tería pasado con Galicia se os galegos tivesen gañado a Guerra Irmandiña?”.
Murado, en seu ensaio, chega á conclusión de que historia e poder son sinónimos e ese poder é restituído por Daniel Asorey ao imaxinar unha Galicia utópica, colonizadora e imperialista, detentora de colonias en Brasil.
Nordeste é unha obra que pretende restituír a voz silenciada dos subalternos e submisos, os perdedores nas narrativas históricas, segundo o pensamento benxaminiano.
Este libro manipula a historia e o tempo a través da conexión de catro personaxes femininas: Maria Bonita, a raíña do movemento do cangaço brasileiro; Carme de Candigas, unha personaxe ficticia e Matilda, a galega inmigrada en São Paulo, personaxe inspirada na fotógrafa americana, Mathilda Anderson.
A cuarta muller é a representación feminina de Galicia, pilar da réplica imperialista e misóxina ás tentativas nacionalistas das nacións celtoatlánticas adormecidas e asoballadas polo imperialismo e centralismo británico e español.
Related Results
Between Utopia and History
Between Utopia and History
“Any map of the world that does not include Utopia is not even worth glancing at.”— Oscar Wilde (1891) [then quoted by Lewis Mumford (1921), Bernardo Secchi (2005)]
Utopia has alw...
L'immagine della città del futuro nella letteratura distopica della prima metà del '900
L'immagine della città del futuro nella letteratura distopica della prima metà del '900
The contemporary city, threatened by uncontrolled population growth and the rapid increase of poverty, is not the only possible scenario for future wars and ecological collapse but...
Mapping Utopia
Mapping Utopia
Abstract
In More’s Utopia the influence of theoretical geography of the early sixteenth century met New World exploration narrative, with the result that the excitem...
Modern Utopia: Yuval Noah Harari
Modern Utopia: Yuval Noah Harari
The article is devoted to the analysis of the current state of utopia, in particular, attention is paid to the problem of the crisis of utopian thought that arose at the end of the...
Reconstructing Realities from Biblical Utopias
Reconstructing Realities from Biblical Utopias
This article addresses two specific issues in reading the Hebrew Bible drawing on utopian theory: the possibility of reconstructing historical reality by reading a text as a utopia...
Performative utopier i samtidskunsten
Performative utopier i samtidskunsten
PERFORMATIVE UTOPIAS IN CONTEMPORARY ART | The article deals with the current interest in the notion of utopia within contemporary visual art and theory. It is argued that utopia a...
From Ephemeral Planning to Permanent Urbanism: An Urban Planning Theory of Mega-Events
From Ephemeral Planning to Permanent Urbanism: An Urban Planning Theory of Mega-Events
Mega-events like the Olympic Games are powerful forces that shape cities. In the wake of mega-events, a variety of positive and negative legacies have remained in host cities. In o...
Belief in the Age of Disbelief: Form, Utopia and Assemblage
Belief in the Age of Disbelief: Form, Utopia and Assemblage
This paper attempts to unfold the intricate relationship between architecture, the discourse around utopia, and the form of utopia itself with a specific focus on recent phenomena...

