Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. IV edición

View through CrossRef
O pensamento crítico é unha competencia clave na educación da cidadanía para formar persoas libres, autónomas e críticas, que poidan tomar decisións na súa cotiandade sen caer na manipulación mediática e na difusión de noticias e crenzas falsas. Os Premios Isabel Zendal teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades. Esta é a carta de presentación destes premios, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña. O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio. A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, un conto ou un relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBIQ+ ou inmigrantes, entre outros.. Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados nesta cuarta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en xaneiro de 2022 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Quero agradecer a dedicación e o compromiso das persoas con quen tiven o pracer de compartir xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González e Carlos Cayetano Vizcaíno Fernández. Finalmente, cabe sinalar que nesta cuarta edición se recibiron 33 propostas e os premios viaxaron a diferentes lugares da xeografía galega, aínda que tamén se recibiron propostas de fóra de Galicia. O certame parece consolidarse entre os mozos e mozas fomentando o seu espírito crítico e axudando a formar mentes abertas con base científica.
Title: Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. IV edición
Description:
O pensamento crítico é unha competencia clave na educación da cidadanía para formar persoas libres, autónomas e críticas, que poidan tomar decisións na súa cotiandade sen caer na manipulación mediática e na difusión de noticias e crenzas falsas.
Os Premios Isabel Zendal teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades.
Esta é a carta de presentación destes premios, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña.
O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.
º a 3.
º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.
º da ESO a 2.
º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio.
A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, un conto ou un relato curto.
Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBIQ+ ou inmigrantes, entre outros.
Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados nesta cuarta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en xaneiro de 2022 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano.
Quero agradecer a dedicación e o compromiso das persoas con quen tiven o pracer de compartir xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González e Carlos Cayetano Vizcaíno Fernández.
Finalmente, cabe sinalar que nesta cuarta edición se recibiron 33 propostas e os premios viaxaron a diferentes lugares da xeografía galega, aínda que tamén se recibiron propostas de fóra de Galicia.
O certame parece consolidarse entre os mozos e mozas fomentando o seu espírito crítico e axudando a formar mentes abertas con base científica.

Related Results

El pensamiento crítico y la investigación científica desde la perspectiva de un pensador crítico
El pensamiento crítico y la investigación científica desde la perspectiva de un pensador crítico
 Este artículo tuvo como propósito conocer como el pensamiento crítico es aplicado en la investigación científica, durante el proceso de enseñanza y aprendizaje, desde la perspecti...
Presentación
Presentación
La Revista Electrónica Calidad en la Educación Superior (CAES) se complace en presentar la publicación correspondiente a la Trigésima Edición, Decimoquinto volumen, número dos del ...
Gobernar, educar y producir
Gobernar, educar y producir
Actualmente el 38% de los estudiantes de educación media estudian en un liceo técnico-pro- fesional. El gobierno actual ha propuesto como eje fundamental de la educación la moderni...
Filosofía para niños: el programa que despierta la creatividad y el pensamiento crítico
Filosofía para niños: el programa que despierta la creatividad y el pensamiento crítico
Fecha de recepción: 24 de enero de 2019Fecha de revisión: 03 de abril de 2019Fecha de aprobación: 29 de septiembre de 2019 El presente artículo es de revisión; en primera instancia...
Desarrollo del pensamiento crítico en niños de educación primaria
Desarrollo del pensamiento crítico en niños de educación primaria
El propósito de la educación no es tanto enseñar al estudiante una multitud de conocimientos fácticos, sino que adquiera independencia intelectual. Esto se puede lograr con ...
DAS IMAGENS QUE HABITAM UM PENSAMENTO DE CURRÍCULO-PESQUISA
DAS IMAGENS QUE HABITAM UM PENSAMENTO DE CURRÍCULO-PESQUISA
Toma-se inicialmente a noção de imagem do pensamento a partir do filósofo francês, Gilles Deleuze. E a partir disso, busca-se rastrear, ainda que brevemente, tal conceito em suas o...
PEDAGOGÍA SOCIO-CRITICA DE LA DESERCIÓN ESCOLAR EN LA EDUCACIÓN SECUNDARIA
PEDAGOGÍA SOCIO-CRITICA DE LA DESERCIÓN ESCOLAR EN LA EDUCACIÓN SECUNDARIA
El articulo busca explorar como se aplica la pedagogía socio-crítica frente a la deserción escolar en las instituciones de educación secundaria, utilizando una metodología de conte...
Políticas para la educación secundaria en argentina 1990-2020
Políticas para la educación secundaria en argentina 1990-2020
El objetivo de este artículo es analizar la manera en la que se ha desarrollado el nivel de secundaria en Argentina, tomando como referencia las transformaciones generadas en las p...

Back to Top