Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Toponimia de Carballo

View through CrossRef
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares. Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 6 desta colección, correspondente á toponimia de Carballo, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor. Nesta mesma colección é autor de Toponimima da Estrada (2018).
Real Academia Galega
Title: Toponimia de Carballo
Description:
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona.
Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas.
Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.
Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 6 desta colección, correspondente á toponimia de Carballo, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor.
Nesta mesma colección é autor de Toponimima da Estrada (2018).

Related Results

Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo
Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo
O presente volume é algo máis ca un epistolario. Iníciase este o 30 de abril de 1949 cunha carta de Carballo Calero, que residía en Ferrol desde 1941, data na que saíu do cárcere d...
Materia Oscura
Materia Oscura
Al poeta Darío S. Carballo le conocíamos su infinito amor a la poesía y esa manera arquitectónica de dar forma y pulir sus versos, como pudimos apreciarlo en sus poemarios 49 Habit...
Aída Carballo
Aída Carballo
Aída Carballo...
El ensanche de Madrid
El ensanche de Madrid
historia de una capital, Borja Carballo...

Back to Top