Javascript must be enabled to continue!
Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo
View through CrossRef
O presente volume é algo máis ca un epistolario. Iníciase este o 30 de abril de 1949 cunha carta de Carballo Calero, que residía en Ferrol desde 1941, data na que saíu do cárcere de Santa Úrsula (Xaén). Este dato debe lerse en clave dramática: o escritor Ricardo Carballo Calero, amigo e camarada de Ramón Otero Pedrayo anos antes do 36, non tivera relación con el durante un longo período de oito anos (1941-1949). Por fin, os dous vellos galeguistas, os dous intelectuais que se admiraban mutuamente, encóntranse, despois de trece anos, en Ferrol. A publicación deste volume permite achegarnos un pouco máis a dúas personalidades senlleiras da cultura galega a través dun diálogo inter pares recollido en 167 documentos escritos durante vinte e seis anos. A historia dunha relación entre dous amigos que se respectaban, admiraban e querían. O intercambio epistolar entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero sérvenos para coñecer de primeira man a situación entre 1949 e 1974 na Editorial Galaxia, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Real Academia Galega, mais tamén para acceder a aspectos máis persoais das súas biografías ou mesmo a súa implicación en proxectos culturais.
Title: Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo
Description:
O presente volume é algo máis ca un epistolario.
Iníciase este o 30 de abril de 1949 cunha carta de Carballo Calero, que residía en Ferrol desde 1941, data na que saíu do cárcere de Santa Úrsula (Xaén).
Este dato debe lerse en clave dramática: o escritor Ricardo Carballo Calero, amigo e camarada de Ramón Otero Pedrayo anos antes do 36, non tivera relación con el durante un longo período de oito anos (1941-1949).
Por fin, os dous vellos galeguistas, os dous intelectuais que se admiraban mutuamente, encóntranse, despois de trece anos, en Ferrol.
A publicación deste volume permite achegarnos un pouco máis a dúas personalidades senlleiras da cultura galega a través dun diálogo inter pares recollido en 167 documentos escritos durante vinte e seis anos.
A historia dunha relación entre dous amigos que se respectaban, admiraban e querían.
O intercambio epistolar entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero sérvenos para coñecer de primeira man a situación entre 1949 e 1974 na Editorial Galaxia, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Real Academia Galega, mais tamén para acceder a aspectos máis persoais das súas biografías ou mesmo a súa implicación en proxectos culturais.
Related Results
Da épica na Galicia medieval
Da épica na Galicia medieval
Discurso de ingreso como membro de número da Real Academia Galega do ilustrísimo señor don Xosé Filgueira Valverde e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo. O 27 d...
O sentimento liberal na Galiza
O sentimento liberal na Galiza
Discurso lido no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Antón Villar Ponte e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo. O solemne acto académico no que foro...
Luís Amado Carballo. Vida e obra: escolma de textos
Luís Amado Carballo. Vida e obra: escolma de textos
Amado Carballo foi un fervente amador do seu pobo. Do pobo-humanidade e do pobo-terra. Dicir pobo-humanidade é dicir cultura, historia, tradición, costumes. Dicir pobo-terra é dici...
Conexões: linguagens e educação em cena
Conexões: linguagens e educação em cena
O conhecimento se fabrica nos múltiplos circuitos da linguagem e em conexões estabelecidas nos próprios efeitos dos saberes humanos. As dinâmicas dos discursos, as práticas de ensi...
A xeración do 16
A xeración do 16
Discurso lido no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Ramón Villar Ponte e resposta do excelentísimo señor don Ramón Cabanillas. O solemne acto académico no que foron l...
La transformación de una ciudad
La transformación de una ciudad
María Victoria Carballo-Calero Ramos...
Materia Oscura
Materia Oscura
Al poeta Darío S. Carballo le conocíamos su infinito amor a la poesía y esa manera arquitectónica de dar forma y pulir sus versos, como pudimos apreciarlo en sus poemarios 49 Habit...


