Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Bibliodiversidade: guía de boas prácticas

View through CrossRef
O proxecto Bibliodiversidade, as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo-sexual, nace do CEXeF, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. En gran parte inspirado polas iniciativas das bibliotecas municipais da cidade, a prol da oferta e divulgación de material que representa a diversidade afectiva-sexual, este proxecto ten o obxectivo principal de promover o uso destes recursos como ferramenta didáctica nas aulas. Levouse a cabo durante Setembro-Decembro de 2021. Seleccionamos 18 libros para revisar e suxerir posibilidades orientadas a súa incorporación en propostas didácticas. Estes libros corresponden ás etapas educativas dende segundo ciclo de Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Educación Primaria. Organizamos 8 mesas de traballo para analizar estes libros e xerar ideas sobre o seu uso nas aulas. A cada unha destas mesas, coordinadas por Ana-María Amigo Ventureira e Almudena Varela Suárez, convidamos a participar unha persoa representante do profesorado, o activismo e as bibliotecas municipais, co obxectivo de intercambiar ideas enraizadas nestes tres ámbitos de experiencia. Gravamos estes debates e tomamos notas extensivas, para logo elaborar esta Guía de Boas Prácticas. Así podemos non só recomendar e describir unha serie de libros que abordan a diversidade afectivo sexual e a ruptura de estereotipos de xénero para idades varias, senón tamén ofrecer algunhas ideas para incorporar estes materiais na práctica educativa. Polo tanto, para cada libro, elaborouse unha breve descrición, puntos positivos e aspectos que se debería cuestionar ou quizais compensar con accións pedagóxicas, apuntamentos para traballar na aula, outros materiais para acompañar o libro e posibles actividades. Ao final de todo, incluímos algúns consellos a ter en conta na selección de materiais, e proporcionamos recursos adicionais variados para seguir informándose e para apoiar a docencia.
Title: Bibliodiversidade: guía de boas prácticas
Description:
O proxecto Bibliodiversidade, as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo-sexual, nace do CEXeF, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña.
En gran parte inspirado polas iniciativas das bibliotecas municipais da cidade, a prol da oferta e divulgación de material que representa a diversidade afectiva-sexual, este proxecto ten o obxectivo principal de promover o uso destes recursos como ferramenta didáctica nas aulas.
Levouse a cabo durante Setembro-Decembro de 2021.
Seleccionamos 18 libros para revisar e suxerir posibilidades orientadas a súa incorporación en propostas didácticas.
Estes libros corresponden ás etapas educativas dende segundo ciclo de Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Educación Primaria.
Organizamos 8 mesas de traballo para analizar estes libros e xerar ideas sobre o seu uso nas aulas.
A cada unha destas mesas, coordinadas por Ana-María Amigo Ventureira e Almudena Varela Suárez, convidamos a participar unha persoa representante do profesorado, o activismo e as bibliotecas municipais, co obxectivo de intercambiar ideas enraizadas nestes tres ámbitos de experiencia.
Gravamos estes debates e tomamos notas extensivas, para logo elaborar esta Guía de Boas Prácticas.
Así podemos non só recomendar e describir unha serie de libros que abordan a diversidade afectivo sexual e a ruptura de estereotipos de xénero para idades varias, senón tamén ofrecer algunhas ideas para incorporar estes materiais na práctica educativa.
Polo tanto, para cada libro, elaborouse unha breve descrición, puntos positivos e aspectos que se debería cuestionar ou quizais compensar con accións pedagóxicas, apuntamentos para traballar na aula, outros materiais para acompañar o libro e posibles actividades.
Ao final de todo, incluímos algúns consellos a ter en conta na selección de materiais, e proporcionamos recursos adicionais variados para seguir informándose e para apoiar a docencia.

Related Results

Control de riesgos ocupacionales en prácticas formativas en salud
Control de riesgos ocupacionales en prácticas formativas en salud
Con el ánimo de propiciar un mayor entendimiento sobre las características del Sistema General de Riesgos Laborales para los Estudiantes en prácticas formativas y contribuir a info...
Aprendendo o OJS 3.3 : um guia visual para o Open Journal Systems (OJS)
Aprendendo o OJS 3.3 : um guia visual para o Open Journal Systems (OJS)
Este guia é a versão portuguesa do Guia On-line, criada e disponibilizada pelo PKP, Learning OJS 3.3: a Visual Guide to Open Journal Systems, apresentando as principais funcionalid...
Manual de prácticas de propagación de especies nativas
Manual de prácticas de propagación de especies nativas
Este manual pretende ser una guía que señale cómo adquirir las habilidades básicas para lograr la propagación de especies nativas de plantas con diversos fines, y es un complemento...
Buenas prácticas inclusivas en recreos y deporte en edad escolar
Buenas prácticas inclusivas en recreos y deporte en edad escolar
La sociedad y sus instituciones están en proceso de reconocimiento del juego y del deporte inclusivo como principales fuentes de actividad física y de su relación con la salud físi...
Significado de la Potenciación en ℝ
Significado de la Potenciación en ℝ
El recojo de las prácticas matemáticas sobre la potenciación, los diferentes autores definen, primero la potencia de base real y exponente natural. Su significado no es otro que un...
Educación comprometida con los Objetivos de Desarrollo Sostenible: Calidad, equidad educativa y metodología aprendizaje servicio
Educación comprometida con los Objetivos de Desarrollo Sostenible: Calidad, equidad educativa y metodología aprendizaje servicio
Es motivo de satisfacción la publicación de esta obra, que supone una nueva cosecha de ideas en torno a la metodología del Aprendizaje-Servicio (ApS). Desde hace un par de décadas,...
Guía documental del Archivo Histórico Comité Promotor Pro Premio Nobel de la Paz "Samuel Ruíz García, 1994"
Guía documental del Archivo Histórico Comité Promotor Pro Premio Nobel de la Paz "Samuel Ruíz García, 1994"
Guía Documental del Archivo Histórico Comité Promotor Pro Premio Nobel de la Paz «Samuel Ruiz García, 1994», representa tres objetivos particulares: rescatar las fuentes pertinente...

Back to Top