Search engine for discovering works of Art, research articles, and books related to Art and Culture
ShareThis
Javascript must be enabled to continue!

Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa

View through CrossRef
Na presente contribución lévase a cabo unha primeira aproximación á estruturación xerarquizada que presentan os contidos textuais (cantigas) nalgúns dos relatores que nos legaron a lírica profana galego-portuguesa, isto é, cómo se delimita cada cantiga e as partes que a compoñen. Esta descrición da diuisio textus permitiranos en moitas ocasións poder discernir entre un plano xeral de obra (cancioneiro, folla ou mesmo antígrafo) e un plano particular en que afloran as particularidades de copia de cada un dos amanuenses que interviñeron no proceso de copia; estes deron conta, probablemente, dunhas directrices preconcibidas que, ó seren abandonadas en certos momentos puntuais, puideron ocasionar evidentes erros. Ser conscientes da ordinatio dos contedores que conservaron a tradición lírica, poder chegar a percibi-los desvíos debidos ós axentes encargados de poñer por escrito estes textos e ser quen de remontarnos ó antecedente e á súa posible estruturación constitúe o único camino cara á formulación de hipóteses de traballo a nivel textual dun alto grao de fiabilidade.
Universidad de Alicante Servicio de Publicaciones
Title: Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa
Description:
Na presente contribución lévase a cabo unha primeira aproximación á estruturación xerarquizada que presentan os contidos textuais (cantigas) nalgúns dos relatores que nos legaron a lírica profana galego-portuguesa, isto é, cómo se delimita cada cantiga e as partes que a compoñen.
Esta descrición da diuisio textus permitiranos en moitas ocasións poder discernir entre un plano xeral de obra (cancioneiro, folla ou mesmo antígrafo) e un plano particular en que afloran as particularidades de copia de cada un dos amanuenses que interviñeron no proceso de copia; estes deron conta, probablemente, dunhas directrices preconcibidas que, ó seren abandonadas en certos momentos puntuais, puideron ocasionar evidentes erros.
Ser conscientes da ordinatio dos contedores que conservaron a tradición lírica, poder chegar a percibi-los desvíos debidos ós axentes encargados de poñer por escrito estes textos e ser quen de remontarnos ó antecedente e á súa posible estruturación constitúe o único camino cara á formulación de hipóteses de traballo a nivel textual dun alto grao de fiabilidade.

Related Results

Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (II)
Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (II)
Este artigo constitúe unha revisión histórica e crítica do labor ecdótico realizado no ámbito da lírica profana galego-portuguesa desde a década de 1960, momento en que a denominad...
Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (I)
Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (I)
Neste artigo ofrécese unha revisión histórica e crítica do labor ecdótico realizado no ámbito da lírica profana galego-portuguesa desde os seus inicios, a comezos do século XIX, at...
Introdución
Introdución
Grazas a medio século de avances significativos na investigación da lírica galego-portuguesa, gozamos hoxe dunha perspectiva mellorada para emprender novas vías de traballo e refor...
As temporalidades da poesia trovadoresca: a historiografia e as cantigas de D. Dinis
As temporalidades da poesia trovadoresca: a historiografia e as cantigas de D. Dinis
Este artigo propõe um debate acerca da historicidade e das temporalidades da lírica medieval galego-portuguesa e seus usos em períodos posteriores. Para isso, busco questionar as d...
La recepción de la lírica gallego-portuguesa medieval en Argentina. "Morriña" y estudios académicos al otro lado del océano Atlántico
La recepción de la lírica gallego-portuguesa medieval en Argentina. "Morriña" y estudios académicos al otro lado del océano Atlántico
objetivo de este trabajo es dar cuenta de cómo la desdichada década del 30 española impactó, a través de sus exiliados, en la sociedad y la cultura de la República Argentina, y est...
"Gallego, con perdón": Un achegamento literario ao fenómeno do autoodio na Galiza seiscentista
"Gallego, con perdón": Un achegamento literario ao fenómeno do autoodio na Galiza seiscentista
A presenza do autoodio na sociedade galega representa, desde as últimas décadas, un elemento de crecente interese nos estudos de sociolingüística galega contemporánea. A súa transc...
Tekstualni subjekt u poeziji Marije Stepanove od 2001. do 2017. godine
Tekstualni subjekt u poeziji Marije Stepanove od 2001. do 2017. godine
Maria Stepanova (b. 1972) is a contemporary Russian poet who has emerged in recent decades as one of the most original and complex voices on the poetically highly heterogeneous and...

Back to Top